Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello adxudica a obra do Museo de Rande á empresa Dicsa

RR_Noticias

A mesa de contratación adxudicou a obra da futura aula de interpretación da batalla de Rande á empresa construtora DIcsa, quen obtivo a maior puntuación entre as 22 ofertas presentadas ao concurso. O prazo de execución da obra é de seis meses, polo que o museo debería estar rematado antes de que finalice o ano.

A empresa Dicsa foi quen obtivo maior puntuación no proceso de selección da empresa que deberá asumir a construcción do Museo de Rande. En total foron 22 as emrpesas presentadas para a realización dunha obra que debería comezar no prazo dun mes e estar concluída antes de que remate o ano. O proxecto do museo de Rande conta cun orzamento de 1’1 millón de euros cofinanciados entre o Concello e os fondos europeos Feder a través do proxecto Marisma Mais. O prazo de execución é de seis meses e deberá estar rematado antes de fin de ano para cumprir coas esixencias europeas, que establecen que o 30% das actuacións previstas estean rematadas no 2012. Os traballos de rehabilitación a realizar converterán a antiga “fábrica do alemán” nun aula de interpretación da batalla. Nesta rehabilitación contémplase a construción de ramplas interiores e exteriores que faciliten o acceso a minusválidos, e máis a recuperación de elementos pertencentes a actividade industrial que se viña desenvolvendo no lugar, cunha sala de reunións destinadas á Asociación Cultural Deportiva de Rande promotores deste proxecto, máis unha cafetería. O terreo que ocupará o proxecto será de aproximadamente 2.500 metros cadrados, con 600 metros cadrados útiles divididos en varios módulos destinados a unha aula de interpretación onde se pretende recrear diferentes temáticas como a batalla de Rande ou a busca do tesouro, con actividades interactivas como xogos, maquetas ou paneis informativos.  

Javier Bas alcalde
o rexedor amósase satisfeito pola adxudicación que permitirá cumprir os prazos esttablecidos no Marisma+

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará