Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os xogadores do Choco deixarán o club se a actual xunta directiva non dimite

RR_Noticias

O persoal do equipo esixe adiantar a asemblea xeral para que unha nova xunta xestora se faga cargo do equipo. Deste xeito habería máis tempo para buscar solucións aos problemas do club e planificar a próxima temporada. Os xogadores calculan a actual débeda da entidade ascende a uns 40.000 euros.

As informacións sobre a mala situación económica do club non son novas. Hai xa un ano que o ex presidente, José Suárez, denunciou a mala xestión da actual directiva, que acumula unha elevada débeda tanto con provedores como cos xogadores e técnicos do club. Logo de toda unha temporada en silencio, os xogadores fanse oír. Advirten que a situación do club é moi preocupante xa que nos últimos tres anos as contas pasaron de ter sobre 20.000 euros de superávit, a ter agora unha débeda duns 40.000 euros. Aos xogadores débenlle 2 meses e medio, máis todas as primas deste ano. Ademais aos adestradores da base, dos que moitos son xogadores do primeiro equipo, débenlles 3 mensualidades. Os futbolistas pídenlle ao presidente que adiante a asemblea prevista para o 30 de xuño, e que se celebre a próxima. A condición imposta polos xogadores para seguir no C.D. Choco é que Cándido Mirou dimita do cargo e que unha nova xunta xestora se faga cargo do club canto antes. Do contrario todo o equipo, en bloque, abandonará a entidade.
Equipos de base
O cadro de persoal do Choco advirte que, coa situación actual, o club está a piques de desaparecer, e entenden que boa parte da culpa se debe a “discrepancias persoais”. Unhas discrepancias que obrigaron a facer dous equipos base: a Escola de Fútbol de Redondela, e o C.D. Choco. Isto supón duplicar gastos nun momento no que os ingresos son escasos. Os xogadores apostan pola fusión destes dous clubs de base, o que suporía menos gastos e un mellor aproveitamento da canteira redondelá.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará