Hoxe é Luns 23 de Novembro de 2020

O goberno presenta un “orzamento realista” de 15’8 millóns

RR_Noticias

Logo de varias semanas de negociacións haberá que esperar ao pleno do mércores para coñecer se finalmente algún dos grupos que forman parte da oposición en Redondela dan o seu apoio a un orzamento “axustado á realidade” e que ascende a 15’8 millóns de euros. Unhas contas que se reducen en case catro millóns de euros respecto do último orzamento aprobado polo bipartito e que ascendía a 19’5 millóns.  

O goberno local levará este mércores ao pleno que se celebra ás 20:00 horas na Casa do concello o orzamento do 2012, unha contas axustadas e acordes coa realidade segundo palabras do voceiro do PP, Alberto Pazos quen asegurou que a pesar dos axustes se fai un esforzo por manter ou incluso incrementar as partidas destinadas a departamentos tales como Servizos Sociais, Educación e Emprego. De feito, a edil de economía e facenda, Ana María Alonso, puntualizou que se incrementa o investido no departamento de emprego que pasa dun 0’8 a un 2’6% así como o investido en Servizos sociais, que se incrementa dous puntos, pasando dun 5 a un 7%. Alberto Pazos destacaba estas achegas e o esforzo do goberno local por “manter os servizos sociais aos veciños e promover o fomento do traballo” e engadía que tamén se fará un esforzo para asumir o saneamento que aínda queda pendente. Os recortes máis importantes afectaran a departamentos como cultura ou deportes, que verán as súas partidas diminuídas. O orzamento destina a investimentos 1.321.000 euros enmarcados dentro do Plan Marisma. No apartado de ingresos está prevista a chegada ás arcas municipais de máis de 16 millóns.  

Alberto Pazos voceiro do PP
Un orzamento realista
Prioridades e recortes
Fomentar o traballo e rematar o saneamento son partidas que se manteñen mentres que se recorta en cultura e deportes
Apoio da oposición
O voto dos grupos da oposición non se coñecerá ata o pleno do mércores

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *