Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os bombeiros acceden polo balcón e rescatan a unha anciá que tiña caído no seu domicilio

RR_Noticias

Bombeiros de Vigo accederon na madrugada de hoxe ao terceiro andar dunha vivenda na rúa Praza para atender a unha muller de avanzada idade que tiña caído e se atopaba ferida. Logo dunha primeira valoración polos sanitarios do 061 foi trasladada ao hospital Meixoeiro para ser atendida das lesións.

Os feitos producíronse as cinco menos dez da madrugada de hoxe cando a Policía Local recibía a chamada dunha muller, quen solicitaba a axuda dos axentes para acceder a unha vivenda dun familiar que posiblemente se atopase ferido no interior do seu domicilio. Unha vez no lugar os axentes comprobaron a imposibilidade de acceder polos seus propios medios ao domicilio no que reside unha muller I.B.M. de 88 anos de idade, por tratarse dun terceiro andar, motivo polo que decidiron chamar aos bombeiros de Vigo e ao servizo de emerxencias do 061, en previsión de que a muller se atopase ferida.
Unha vez no interior os bombeiros atopáronse coa anciá tirada no chan, quen logo unha primeira valoración por parte dos sanitarios alí desprazados foi trasladada ao Hospital Meixoeiro en Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará