Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco, con apuros para salvar o empate co Atios

RR_Noticias

Ata en dúas ocasións tiveron que remontar o marcador os de Jacobo Montes, que conseguiron sumar un punto logo de os porriñeses se puxeran por diante en Santa Mariña. O empate mantenos na segunda praza, pero a menos distancia dos seus seguidores. Esta é a sombra dunha xornada marcada polo brillo da maioría dos equipo locais, con resultados positivos en Primeira, Segunda e Terceira Autonómica.

Preferente Autonómica
Choco 2-2 Atios
Os de Jacobo Montes non foron quen de pasar do empate co Atios. Os de Jacobo Montes puxeron o fútbol e as ocasións, pero o Atios, que baseou o seu xogo nunha férrea defensa, obtivo o seu premio á contra. Os redondeláns foron por detrás no marcador, logo de varias ocasións nas que faltou o acerto. Finalmente Aitor Gómez conseguiu igualar o marcador. O resultado permite ó Choco manter a segunda praza, pero a tan só un punto do terceiro, o Pontellas. A próxima fin de semana desprázanse a Ourense para xogar no campo do Verín, situado na parte baixa da táboa.
Primeira Autonómica
San Adrián 0-1 Chapela
Triunfo balsámico para o Chapela, que o afasta un pouco da parte baixa da táboa. O domingo reciben ó Marcón, dous postos por riba dos redondeláns.
Segunda Autonómica
Arcade 1-1 Noalla
O Arcade non perde as esperanzas de manter a categoría, e onte mantivo o tipo diante dun dos rivais máis fortes do grupo, o Noalla. Os locais conseguiron sumar 7 dos últimos 9 puntos en xogo, o que supón unha inxección de moral.
Terceira Autonómica
Choco B 4-0 Chapela B
O derbi local chegou cunha situación ben diferente para os dous equipos, mentres o filial do Choco se sitúa nos postos altos da táboa, o Chapela atravesa un mal momento, na parte baixa da clasificación. E iso quedou patente no terreo de xogo, no que o Choco goleou ó filial do Chapela. Na próxima xornada dispútanse os encontros Chapela-Coia e Nigrán-Choco.
Tyde 5-1 At. Vilar
Os redondeláns non tiñan nada que facer no campo do líder do grupo, o Tyde, que non defraudou á súa afección. A próxima xornada os de Redondela reciben ó Gondomar, outro dos óso do grupo.
Cesantes 1-0 Bueu
Partido moi disputado entre os dous contrincantes no que o marcador se mantivo a ceros ata o minuto 82, cando se adiantou o Cesantes, que xa tivera varias ocasións para anotar. Na próxima xornada xogan no campo dun rival moi complicado, o Pontecaldelas, segundo do grupo
Xeve 1-2 Soutomaior
Os de Soutomaior recuperan o liderado logo dun partido moi axustado onde o campo, en moi malas condicións, tamén foi protagonista. Desde a primeira praza o próximo domingo o Soutomaior recibe ó Salcedo..
Xinzo 2-0 Nespereira
Os de Pazos non puideron cun dos equipos fortes do grupo, con todo o Nespereira fixo un bo partido, pero a expulsión dun dos seus xogadores foi clave. A próxima xornada reciben en Pazos ó Barciademera.
Fútbol Sala – Autonómica Sur
Redondela F.S. -Baitra Baiona: aprazado
Os redondeláns mantéñense na metade da táboa, malia contar cun partido menos disputado. A próxima fin de semana xogan na pista do Cesures, o pechacancelas do grupo.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará