Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iliria de Elefante Elegante no Multiusos

RR_Noticias

O programa do Teatrarte achega este sábado ás 20:00 horas ao Multiusos da Xunqueira a obra Iliria a cargo da compañía coruñesa Elefante Elegante. Un espectáculo de teatro, música, movemento e acrobacia baseado na clásica “Noite de Reis” de William Shakespeare.

Un espectáculo único que atrapa a xente dende o inicio, segundo asegura unha das súas actrices, María Torres, quen pon o acento sobre todo no feito de que se trate dunha comedia pero con carga dramática e con moito ritmo onde non faltará a música e a danza. Unha adaptación libre da obra de Skakespeare centrada na illa de Iliria, onde o texto se fusiona coa danza, o mimo e a acrobacia, cunha presencia fundamental da música que acompaña o transcurso dinámico da acción. A trama lévanos á Iliria para contarnos divertidos equívocos amorosos entre os catro personaxes que vemos sobre o escenario. A obra poderase ver dentro do programa do Teatrate o sábado 24 ás 20:00 horas no Multiusos, o prezo da entrada é de 4 euros para o público en xeral, dous euros para xubilados e pensionistas.  

María Torres actriz
A obra de Elefante Elegante está baseada no título Noite de Reis

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará