Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A XII edición do Certame da Camelia reúne no Castelo de Soutomaior a 57 expositores

RR_Noticias

 O Castelo de Soutomaior acolle esta fin de semana a edición máis participativa de todas as celebradas ata o de agora. Todo un éxito no ano no que se celebra ademais a declaración do Castelo como “Xardín de excelencia internacional” un título que tan só posúen outros 18 xardíns de todo o mundo situados en Xapón, Australia, Italia, Suiza, Sudáfrica, China e Estados Unidos  

Un importante galardón a nivel internacional que ao entender da Concelleira de Cultura de Soutomaior, Dolores Cernadas, servirá para a traer a un maior número de público e proporcionar maior repercusión a unha cita que se vai desenvolver no Castelo os días 24 e 25 de marzo e que contará coa presenza da presidenta da Sociedade Internacional da Camelia, Patricia Short e o presidente da Fundación OTOMO, Herb Short. Un certame que chega a súa XII edición con récord de participantes, xa que en total haberá 26 expositores locais e 30 foráneos, aos que hai que engadir os 15 comercios das rúas José Solla e Rosalía de Castro, no centro de Arcade, que se suman á iniciativa adornando os seus escaparates con esta vistosa flor. Os asistentes poderán gozar dunha extensa exposición sobre a camelia, con exemplares pouco comúns na nosa contorna, xa a partir da unha da tarde do sábado. A entrega de premios, cos que se recoñecerán as mellores flores, as composición artísticas máis logradas e os escaparates máis traballados, terá lugar ás seis da tarde do domingo.  

Dolores Cernadas edil de Cultura
A concelleira de Soutomaior entende que este ano a repercusión do evento vai ser maior
26 expositores locais
Os veciños da zona están involucrados na actividade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará