Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma critica o comportamento errático de Fomento na súa postura ante a A-59

RR_Noticias

Os membros da Plataforma manifestan o seu malestar  e a súa sorpresa coas declaracións da ministra de Fomento Ana Pastor no referente ao futuro da autovía A-59, logo de que afirmase que “esta autovía é unha obra irrenunciable”, sobre todo cando, en menos dun mes, o Ministerio de Fomento se cuestionaba a necesidade desta infraestrutura.
 

Aseguran tamén dende este colectivo que no último consello parroquial de Reboreda o propio goberno local asegurou que tiñan o compromiso do goberno popular de non apostar por este proxecto. A todo isto, a plataforma engade que “a ministra mantivera xa hai meses unha entrevista cos veciños do barrio de Escredo, e tamén nesa ocasión se comprometera a dar solución ao problema dos veciños si o seu partido gañaba as eleccións xerais do 2011” tal e como finalmente aconteceu.
Os membros da Plataforma critican tamén o novo plan de infraestruturas que o Ministerio ven de presentar a semana pasada no Senado, e que contempla, entre outras obras, ampliar a máis de 400 km as vías de alta capacidade en Galicia, con millonarias inversións “que distan bastante do plan de austeridade económica tan defendido por Rajoy e pola propia Pastor”. Un plan de infraestruturas que ao seu entender é “máis do mesmo, con obras faraónicas de dubidosa necesidade encamiñadas a seguir enriquecendo as arcas das empresas construtoras e da banca a costa do peto dos contribuíntes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará