Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 80 embarcacións participan na XVI Bandeira Concello de Redondela de Bateis

RR_Noticias

  Todos os equipos de remo da provincia estarán mañá no campo de regatas do paseo de Cardona para participar na sexta proba da temporada, que organiza o Club de Remo de Chapela. A proba dispútase nas categorías femininas de Promesa, Xuvenil e Absoluta, e nas masculinas de Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluta. A cita será a partires das 16.00 horas.  

Un ano máis, e xa van dezaseis, o litoral de Chapela acolle a Bandeira Concello de Redondela de Bateis. No campo de regatas do paseo de Cardona máis de 80 embarcacións chegadas dos clubs de toda a provincia competirán polas 7 bandeiras que están en xogo. Esta é a sexta proba da temporada, e ata o de agora son Tirán, Vilaxoán, Samertolameu e os anfitrións de Chapela os equipos que máis están a destacar. Fernando Collazo, presidente do club de Chapela, salienta a importancia desta cita no calendario provincial. É a única proba onde hai unha bandeira para cada categoría, xa que no resto de regatas limítase ás categorías absolutas, ou ó club que acade maior puntuación global. Collazo tamén se amosou confiado en que algunha desas bandeiras “quede na casa” e desexou que os rapaces sexan os protagonistas nunha boa xornada de remo. Desde o Concello de Redondela patrocinan unha vez máis esta proba. Na presentación do acto, tanto o tenente de alcalde, Miguel Ángel Álvarez, como o concelleiro de Deportes, Jesús Crespo, desexaron sorte ás embarcacións de Chapela para a regata de mañá confiando en que fagan “un bo papel”. Ademais Crespo anunciou que o seu departamento dará este ano “un maior pulo” ós deportes náuticos, que serven tamén como escaparate turístico para Redondela.  

Fernando Collazo presidente do C.R. Chapela
Collazo amósase confiado en que algunha das bandeiras quede en Chapela.
Jesús Crespo concelleiro de Deportes
O Concello daralle este ano un maior pulo ós deportes náuticos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará