Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os escolares de Redondela farán excursións didácticas á illa de San Simón

RR_Noticias

Un acordo entre o Concello e a Fundación Illa de San Simón permitirá que os alumnos dos colexios redondeláns poidan facer visitas a este enclave da enseada. O obxectivo é que os máis novos coñecezan mellor esta parte do patrimonio histórico, artístico e cultural de Redondela, e que o fagan dun xeito lúdico.

Os nenos redondeláns comezan este novo curso 2011-2012 cunha interesante novidade: a posiblidade de facer excursións á illa de San Simón. Estas visitas serán posibles grazas ó acordo acadado onte entre o Concello de Redondela e a Fundación Illa de San Simón. A concelleira de Ensino, Teresa París, amosou a súa satisfacción pola iniciativa e agarda que teña “boa aceptación” por parte da comunidade escolar. Deste xeito centos de alumnos de Primaria e Secundaria poderán achegarse a este especial paraxe e coñecer máis de preto “un patrimonio que é de todos”. O acordo xestouse onte nunha xuntanza entre o alcalde, Javier Bas, o xerente da Fundación, Xavier Alonso, e a edil de Ensino. Este proxecto de colaboración será trasladado agora a todos os centros de ensino do municipio e ás ANPAS. Inicio do curso marcado pola normalidade A volta ás aulas dos alumnos de Infantil e Primaria estivo marcada pola normalizade nos centros redondeláns. As obras de reparacións e melloras feitas durante o verán estaban xa resoltas, aínda que quedan pendentes outros traballos que se farán ó longo do curso “aproveitando as vacacións de Nadal ou Semana Santa”, segundo explicaba Teresa París. Un dos maiores problemas é o do CEP Santa Mariña, onde levan anos solicitando a construción dun patio cuberto. Deste xeito os alumnos poderían practicar deporte e saír ó recreo os días de chuvia, algo que agora non é posible ó non dispoñer de ningunha instalación cuberta no patio. París explicou que desde o Concello traballan “para que a obra poida realizarse con axuda da Consellería de Educación”. Mentres mentres non é posible polos recortes orzamentarios, poñen a disposición do colexio o Pabillón Municipal, a escasos metros do centro, “como medida provisional”. En Redondela 2.211 rapaces comezaron o curso esta semana. Son 742 de Educación Infantil, de 3 a 5 anos, e 1.469 de Primaria, de 6 a 11 anos de idade. A inmensa maioría cursan estudos nos centros públicos, 2.033, e só 178 o fan en centros concertados. En Soutomaior comezaron o curso 824 rapaces de Infantil e Primaria, en Pazos de Borbén son 202 e 89 en Fornelos de Montes  

Teresa París concelleira de Educación
O Concello promove as viaxes de escolares á illa para que os máis novos coñezan o parimonio do municipio.
Inicio do curso 2011-2012
A volta ás aulas estase a desenvolver con normalidade en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará