Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deporte, música e idiomas centran as actividades do Centro Cultural de Trasmañó

RR_Noticias

A asociación ten aberto o prazo de matrícula nunha ampla oferta de cursos, tanto para nenos como para adultos. As clases impartiranse un día á semana en horario de tarde.

Desde este setembro e até xuño, arranca o programa de actividades do Centro Cultural de Trasmañó, na que se recuperan cursos de anos anteriores e se introducen novidades relacionadas co lecer, a cultura e o deporte. A oferta abrangue desde cursos de música tradicional, no que se poderá aprender a tocar o acordeón, a gaita ou a percusión, pasando pola música contemporánea con clases de guitarra e batería. Tamén haberá cursos de inglés, informática e reforzo escolar, ademais de teatro, petanca e calceta.
Os cursos están orientados tanto a nenos como a adultos e terán unha duración aproximada de sete meses. As clases impartiranse un día a semana en horario de tarde. Para saber máis sobre a programación e o custe de cada actividade poden achegarse ao centro cultural de Trasmañó, consultar o blog www.ccsanvicentedetrasmano.blogspot.com ou chamar ao número de teléfono, 630 31 53 63.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará