Hoxe é Martes 1 de Decembro de 2020

O concello arrastra un déficit de 280.392 euros

RR_Noticias

O pleno acordou compensar este remanente negativo que deixa o orzamento do 2010 nos presupostos que se elaboren para o vindeiro ano. O goberno local comprometeuse a facer fronte a esa débeda sen incrementar taxas e impostos.

O pleno do Concello de Redondela aprobou cos votos en contra de AER compensar o déficit de 280.392 euros, que segundo o informe do interventor municipal deixa o orzamento do 2010, compensando esa cantidade no presuposto do vindeiro ano. Un orzamento elaborado e executado en tempos do bipartito en Redondela, formacións que tentaron nas súas intervencións explicar a qué podía deberse esa variación negativa. Así dende o BNG, Cecilia Pérez argumentaba que o déficit responde “non a que se gastara de máis senón a que se ingresou menos do esperado”. Pola súa banda, dende o PSOE, explicaron que o remanente negativo é coxuntural e reponde a que aínda non se cobrou unha parte importante do Plan Feder e a que se ingresou menos do esperado por mor da crise en concepto de diferentes taxas como o IBI. Dende o PP, o seu voceiro Alberto Pazos quixo deixar claro que para compensar esa cantidade no orzamento do 2012 non se recorrerá a incrementar as taxas impositivas e si a outras medidas como evitar duplicidades entre concellería que se estaban dando no anterior goberno e que levaba a “malgasto de cartos públicos” O único voto en contra neste punto foi o do concelleiro de AER, Jorge Varela “Chopi” quen solicitou unha investigación para depurar responsabilidades.  

Cecilia Pérez Orge BNG
Ingresouse menos do esperado
Luis Orge PSOE
Remanente negativo coxuntural
Alberto Pazos PP
Eliminar duplicidades
Jorge Varela AER
Depurar responsablidades

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *