Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello solicita a titularidade da N-550 para crear prazas de aparcamento

RR_Noticias

Unha vez obtido o cambio da titularidade do tramo que vai dende o scalextric en Santa Mariña ata o convento de Vilavella, o goberno local habilitará unha zona de aparcamento con capacidade para 120 vehículos aproximadamente. Con esta medida, o Goberno municipal pretende revitalizar o comercio e restauración en Vilavella, tal e como viñan solicitando os comerciantes da zona. PSOE e BNG critican que se asuma a titularidade sen que haxa contraprestacións por parte de Fomento

O pleno de Redondela celebrado onte no Multiusos da Xunqueira aprobou cos votos a favor de PP e AER o cambio de titularidade do tramo interior da estada N-550 entre o convento de Vilavella e o Scalextric en Santa Mariña. A proposta chegou da man dos populares que solicitaban o apoio do resto dos grupos para tramitar este cambio de titularidade, o que segundo explicou o concelleiro Alberto Pazos “permitiralle ao goberno local realizar unha reorganización do tráfico para xenerar un maior número de prazas de aparcamento sen necesidade de depender do permiso doutras administracións. Unha proposta que contou co apoio do AER, non así dos concelleiros de BNG e PSOE que criticaron a presa cao que se está a tramitar a medida e que se presentase a pleno sen negocialo previamente co resto dos grupos. Con todo, a crítica principal de nacionalistas e socialistas centrouse en que lo concello non vai recibir ningunha constraprestación por asumir a titularidade desta vía e polo tanto tamén o seu mantemento. De feito, a voceira do BNG, Cecilia Pérez asegurou que o departamento estatal estáballe a “meter un gol ao concello, xa que devolver a situación do firme ao seu estado orixinal na praza de Ponteareas custará moitos cartos que debería asumir Fomento antes de entregar o vial”. No mesmo sentido se manifestaba o socialista Luís Orge quen facía fincapé en que se debería esperar a solicitar esa titularidade ata que fomento faga a remodelación da praza de Ponteareas. Visión ben diferente é a que teñen os populares quen explicaron que a día de hoxe “Redondela carece da titularidade do tramo urbano da N-550 pero con todo si ten a obriga de realizar labores de mantemento” e engadía que obter dita titularidade permitirá realizar unha ordenación do tráfico na vía beneficiosa para todos e especialmente para os comerciantes da zona de Vilavella.  

Alberto Pazos PP
Unha titularidade que permitirá crear prazas de estacionamento
Cecilia Pérez Orge BNG
Entende que Fomento estalle a meter un gol a Redondela
Luis Orge PSOE
Propón que se espere a que se remodele a praza de Ponteareas
Mantemento e titularidade
O PP asegura que agora existe a obriga de mantelo pero non a titularidade da vía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará