Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica que se pospoña o inicio das obras da lonxa de Cesantes

RR_Noticias

O novo presidente de portos de Galicia, José Juan Durán confirmaba na súa visita a Redondela esta semana que as previsións do ente público son comezar a obra da nova lonxa de Cesantes na segunda metade do 2012. Unha data que ven corrixir a que meses atrás comprometera o seu antecesor no cargo José Manuel Alvarez Campana cuxas previsións eran que a obras estivese rematada xa a mediados do vindeiro ano.

Dende o grupo municipal do BNG de Redondela critican eses cambios nos prazos e denuncian que dende Portos se “está a xogar cos mariñeiros e mariscadoras, coas súas condicións de traballo, e mesmo co seu futuro laboral, ao adiar os prazos de xeito inxustificado”
Entenden ademais que o único motivo da modificación reponde ao cambio que se produciu na presidencia do ente polo que esperan “que de aquí a xuño do 2012, non se produza un novo cambio” que implique tamén novos prazos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará