Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dez anos de Lúa Meiga no Monte Outeiro Grande de O Viso

RR_Noticias

A música tradicional soará esta fin de semana na parroquia de O Viso coa celebración da X edición da Noite da Lúa Meiga. Na noite do sábado haberá un gran concerto coa participación dos grupos Coanhadeira e A requinta da Laxeira, entre outros. O domingo o xantar e os xogos populares centrarán o programa.

O festival da Noite da Lua Meiga celebra os seus dez anos de historia cun variado programa que inclúe un concerto de música tradicional na xornada do sábado. Os primeiros en subirse ao escenario ás 22:30 horas serán os dous compoñentes do grupo de zanfonistas locais Sobre Rodas, seguidos dos ourensáns Coanhadeira. Brisas de Tomiño animará os cambios de grupos coas treboadas tradicionais de Tomiño e para pechar, os doce integrantes do grupo da zona da Ulla A Requinta da Laxeira, fará bailar e cantar a tódolos asistentes. O domingo 28 de agosto seguirase na liña de edicións anteriores contando con artistas locais, xogos para tódolos públicos, subida de meighachimpíns, xantar popular con e obradoiros para nenos e nenas con Xoeira. E co obxectivo de que todos os que o desexen se poidan achegar ao Monte Outeiro Grande sen problemas de aparcamento este ano seguirase potenciando o transporte público e a accesibilidade coa posta en servizo de dous microbuses que realizarán dúas rutas circulares pola parroquia. Xosé Covelo, director do festival destaca que “o festival leva dez anos apostando pola música tradicional galega e por moitos músicos da comarca, que por ese motivo non deixan de ter unha grande calidade e demostrando que se poden facer boas festas cos grupos tradicionais da nosa terra”.  

Xosé Covelo director do festival
Música para animar a noite do sábado
Actividades na xornada do domingo
Un xantar e os xogos populares centran as citas do día
Liña de autobuses gratuita
Haberá un servizo circular para evitar problemas de aparcamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará