Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Dínamo de Moscova xoga hoxe na Xunqueira

RR_Noticias

A cita deportiva enmárcase dentro das actividades paralelas do XXIX Mundialito da Xunqueira infantil, alevín, benxamín e promesa, que estes días se está a disputar na pista da Xunqueira con 50 equipos participantes. Cativos e maiores pdoerán gozar cun partido que enfrontará aos rusos co Futbol sala Redondela ás 19:00 horas.

A pista da xunqueira acolle ás sete da tarde un partido amigable entre o Dínamo de Moscú e o fútbol sala Redondela. O actual campión da liga e a copa en Rusia, adestrado polo español Tino Pérez, chega ao noso concello dentro dunha xira que están a desenvolver por Galicia e Portugal da man da empresa Fusionize S.L, a antiga Umbro.
Un encontro que permitirá os afeccionados ver sobre o terreo de xogo a deportistas como o ex xogador do Pozo de Murcia e actual capitán da selección brasileira, Vinicius.
Esta é a primeira cita do Futbol Sala Redondela logo de confirmarse que continuarán militando en terceira autonómica e serviralles de presentación oficial.
Este encontro serve tamén como acicate para os 600 nenos que están a participar durante todo o mes de agosto no XXIX Mundialito da Xunqueira infantil, alevín, benxamín e promesa, que estes días se está a disputar no centro da vila con 50 equipos participantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará