Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obras de mellora nos campos de fútbol de Cesantes e Vilar

RR_Noticias

As máquinas da deputación están a traballar xa nas obras de nivelación do campo de fútbol de A Teixeira, terreo empregado nos seus adestramentos polo club deportivo Cesantes. A continuación a maquinaria trasladarase ao campo de Vilar onde tamén está previsto realizar obras de mellora.

O alcalde de Redondela Javier Bas e o concelleiro de vías e obras, Cándido Vilaboa visitaron estes días as obras de nivelación que o organismo provincial está a desenvolver no campo de Fútbol da Teixeira en O Viso. Un campo empregado polos xogadores do Club deportivo Cesantes para os seus adestramentos así como por outros equipos que carecen de campo propio.
Unha vez finalizada esta actuación, a maquinaria da institución provincial, trasladarase ao Campo de Fútbol de Vilar de Infesta, para proceder á nivelación do mesmo. Este recinto deportivo  é utilizado por un equipo de 3ª Autonómica  o Club Atlético Vilar e polo  equipo de 2ª autonómica do mesmo Club.
 Dende a Concellería de deportes anuncian que esta é tan só unha das primeiras actuación dunha serie encamiñadas a mellorar o estado xeral das instalación deportivas municipais e que teñen por obxecto que os equipos de fútbol do concello teñen un lugar axeitado no que realizar os seus adestramentos e disputar os partidos en óptimas condicións, xa que os campos de herba artificial de Santa Mariña e Chapela, atópanse saturados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará