Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

180.000 euros para a humanización do Paseo da Xunqueira

RR_Noticias

A Consellería de Industria a través do Plan Ágora, que ten como obxectivo o apoio integral ao comercio, ven de conceder esta subvención ao concello de Redondela que permitirá renovar as beirarrúas entre o Concello e o edificio dos xulgados.  A Xunta concederá ademais 59.884 euros para a recuperación da praza de abastos de Soutomaior e 69.948 euros para a humanización da Praza da Igrexa en Fornelos de Montes.

O proxecto para a humanización do Paseo da Xunqueira será finalmente unha realidade logo de que a consellería de economía e industria aprobase unha subvención por valor de 180.000 euros. Unha actuación que contempla a renovación das beirarrúas entre o Concello e o edificio dos xulgados, ao carón do Multiusos, así como o último tramo da rúa Ernestina Otero, entro o supermercado Froiz e o acceso á zona do Salgueiral.
Un proxecto xestionado polo anterior goberno municipal e apoiado pola Mesa Local de Comercio, e que estaba pendente de recibir a achega económica da administración autonómica para a súa realización.
Finalmente o proxecto será subvencionado a través dos 180.000 euros que aporte o Plan Ágora que ten como obxectivo a mellora das zonas comerciais co fin de impulsar o crecemento e a xeración de emprego no pequeno comercio.
Este plan concede axudas de entre o 70 e o 75% aos concellos da comarca que as solicitaron para levar a cabo proxectos de mellora dos seus focos comerciais que van desde os equipamentos das rúas, ata a dinamización dos centros comerciais urbanos ou prazas de abastos. En concreto, a Xunta concederá 59.884 euros para a recuperación da praza de abastos de Soutomaior; 69.948 euros para a humanización da Praza da Igrexa e anexos a esa praza en Fornelos de Montes e 180.000 euros para a humanización do Paseo da Xunqueira en Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará