Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela quedará sen servizo de tren o 28 de agosto

RR_Noticias

O desvío de todo o tráfico ferroviario de pasaxeiros á nova estación de Guixar na última fin de semana de agosto suporá a eliminación dos trens que actualmente facían parada na parroquia redondelá. Está confirmado que será a partir do 28 de agosto cando deixe de funcionar a estación de Urzaiz como terminal de pasaxeiros o que suporá tamén a eliminación do apeadeiro en Chapela.

A día de hoxe son sete os servizo que funcionan entre Chapela e Vigo, e outros sete os trens que procedentes da cidade olívica fan aprada en Chapela entre as 6’50 horas da mañá e as 22:28 da noite. Uns trens que permiten facer este traxecto en tan só seis minutos.
Porén, esta posibilidade deixará de existir para os usuarios do servizo ferroviario a partir do 28 de agosto, data prevista para a posta en marcha da nova estación de Guixar.
Dende a FPG denuncian a eliminación deste transporte de viaxeiros que entenden de “vital importancia para manter a comunicación entre Vigo e Chapela”. Entende esta formación que a supresión deste servizo está a ser consentida pola “práctica política ou por omisión da mesma, por parte dos partidos presentes no Concello”.
Dende a FPG insisten na necesidade de fomentar e investir cartos públicos nun transporte sostíbel, nos planos económico e ecolóxico como é o ferroviario.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará