Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a folga dos traballadores da recollida de lixo en Soutomaior

RR_Noticias

Os sindicatos auguran un “conflito longo” ante a negativa da empresa a abrir unha mesa de negociación. Dende UXT anuncian que impugnarán uns servizos mínimos que consideran “abusivos, xa que supón practicamente manter o 100% do servizo”.

Esta media noite deixou de funcionar o servizo de recollida do lixo de Soutomaior, Ponte Caldelas e Vilaboa. Os 25 operarios que traballar para a empresa Urbaser nestes concellos anunciaban a semana pasada o inicio desta folga ante a negativa da empresa a negociar un convenio colectivo propio, xa que segundo explican dende o sindicato UXT actualmente están a rexerse polo marco de 1996 “obsoleto e insuficiente”. Os traballadores amósanse dispostos a volver ao traballo no caso de que a empresa acepte abrir unha mesa de negociación pero tamén anuncian a súa intención de impugnar os servizos mínimos decretados por consideralos “abusivos, xa que contemplan que funcione practicamente o 100% da recollida” segundo explicou o responsable do sector na UXT en Galicia, Carlos Corredoira. A situación actual dos traballadores leva a diferencias salariais de máis de 400 euros con respecto a operarios que traballan na mesma empresa pero en concellos diferentes. Poñen como exemplo que un dos traballadores en folga cobre 740 euros ao mes, mentres que os seus compañeiros de municipios próximos, tamén coa concesión en mans de Urbaser, como en Sanxenxo ou Redondela, perciben 1.100 euros. Unha situación que se debe, segundo explicaba Corredoira “a que collen estes servizos a un prezo ínfimo”. Dende Soutomaior, un dos concello que se van ver afectados directamente co inicio da folga, anuncian a súa disposición a mediar entre traballadores e empresa para facilitar que se cheguen a acordos que permitan unha rápida solución ao conflito. Con todo, a alcaldesa accidental, Loli Cernabas apuntaba que en ningún caso contemplan incrementar a achega económica do concello.  

Carlos Corredoira UXT
Dende o sindicato critican a mala disposición da empresa
Concesións moi baratas
As empresas collen concesións que non permiten desenvolver o servizo
Loli Cernadas alcaldesa en fucións
O concello mediará pero non está disposo a modificar o contrato económico coa empresa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará