Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Chapela gaña o trofeo Festas do Monte

RR_Noticias

O partido, disputado no pavillón de Sangriña de A Guarda entre o Mecalia Novás e o equipo de Chapela finalizou co resultado de 31 goles a 36.

O Paraxe Contrucións Chapela fíxose co trofeo Festas do Monte que na xornada de onte se disputou na localidade de A Guarda. Un partido de pretemporada que enfrontou ao club redondelán co equipo Mecalia Novás e que rematou co resultado de 31 goles a 36 a favor dos de Chapela. Xa no descanso se facía notar a superioridade dos visitantes que vencían cun resultado de 14-21. Logo do paso polos vestiarios os xogadores do Mecalia Novás reaccionaron chegando a reducir a diferenza no marcador pero non foron quen de vencer ao Paraxe, que se fixo coa vitoria final.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará