Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O presidente do Choco anuncia unha auditoría para coñecer a situación económica do club

RR_Noticias

A escasa presenza de socios levou á directiva do Club deportivo Choco a desconvocar a asemblea que estaba prevista celebrar o pasado sábado e trasladala ao venres 19 de agosto ás 20:30 horas. O presidente do club, Cándido Mirou, optou por suspender a reunión logo de que algúns dos asistentes lle recriminasen que non se tiña comunicado a convocatoria en tempo e forma a todos os socios.

Mirou, consciente da fronte aberta que ten ante algúns socios liderados polo ex presidente Jose Suárez, optou por suspender a reunión convocada para o pasado sábado para evitar así que fora impugnada. Espera que o día 19 a reunión conte cun número maior de asistentes – o sábado eran 35 os socios que acudiron ao Multiusos da Xunqueira- porque entende que é necesario aclarar e defenderse das acusación procedentes do entorno de Jose Suárez que acusan á directiva que preside Mirou de estar a xestionar o club de xeito irregular así como da existencia de gastos “sen xustificar” nos últimos tempos.
Ante estas graves acusacións Cándido Mirou anunciou que vai encargar unha auditoría que avalíe e examine a xestión administrativa e económica dos últimos cinco anos. Isto suporá analizar a xestións de Mirou quen leva ocupando a presidencia do Choco dous anos, e tamén os tres anos anteriores onde o cargo de presidente recaía en José Suárez.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará