Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

2.300 redondeláns soportan niveis de ruído prexudiciais para a saúde

RR_Noticias

O noso concello é a terceira poboación máis afectada polo ruído do tráfico que transcorre pola AP-9, soportando os veciños que viven preto da vía sons que superan os 65 decibelios, cando o máximo recomendado pola OMS está en 55 decibelios. Tan só Vigo e a cidade de Pontevedra padecen en maior medida a contaminación acústica producida polo tráfico da autoestrada.

En toda a comunidade son máis de 61.000 os veciños que teñen que soportar niveis de ruído que superan o máximo recomendado pola Organización Mundial da Saúde, unha situación que aumenta os riscos da poboación afectada de sufrir algún problema psicolóxico ou físico como afección cardiovasculares, xordeira ou estres.
Os ruídos da vida diaria oscilan entre os 35 e os 85 decibelios. Por baixo dos 45 vívese nun clima agradable, por riba de 55 pode haber molestias e con 65 considérase xa que a persoa exposta se atopa nun ambiente prexudicial para a saúde.
Pois esa é a situación na que se atopan unha 2.300 persoas en Redondela, veciños da parroquia de Chapela cuxas vivendas están situadas á beira da AP-9, a vía que máis contaminación acústica produce en toda Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará