Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello retira os cristais da praia de Arealonga

RR_Noticias

A reivindicación ven de lonxe e en numerosas ocasións os propios veciños da parroquia de Chapela desenvolveron campañas de limpeza neste areal que segundo denunciaban estaba ateigado de cristais e cascallos. Responder a esa demanda veciñal é unha das primeiras actuación do concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez quen xa enviou maquinaria a Arealonga para deixar a praia limpa de cristais.

O edil explicou que o traballo do seu departamento de cara a deixar o areal en condicións axeitadas para os bañistas tamén se centrou en limpar a canle do río que desemboca nesta praia e que arrastra pedras pero tamén restos de obra. Sabe que é necesario traballar na concienciación dos veciños para acabar dunha vez con todas coa costume de moitos de tirar todo o que non serve ao mar e aos ríos, pero a primeira medida no periodo estival é rpocurar que os areais estean en condicións motivo polo que están a limpar eretirar os cascallos e os cristais para evitar que se produzan cortes entres os usuarios. A praia de Arelaonga, un areal urbano moi empregado polos veciños da parroquia, presenta ademais o problema de estar quedando sen area. A solución segundo os técnicos podería chegar construíndo un dique no lateral do areal, unha actuación que a Concellería ten previsto realizar en outono. As tarefas de limpeza en Cesantes céntranse na retirada das algas que segundo explicaba Miguel Álvarez “se acumulan por toneladas”.  

Miguel Angel Alvarez edil de Medio Ambiente
Retirada de vidros
Cascallos e restos de obra
Foi necesaria limpar a canle do río para evitar que restos de obras cheguen á praia
Recuperar area
Construir un dique podería ser unha solición para evitar a desaparición da area

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará