Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha comisión de veciños organiza unha homenaxe ao ex alcalde Xaime Rei

RR_Noticias

O acto terá lugar na Casona da Torre en Cedeira o último sábado de agosto e consistirá nun concerto a cargo da Orquestra de saxos e unha cea, ao remate da cal se proxectará un audiovisual.

Con esta cea homenaxe os veciños organizadores queren recoñecer o labor desenvolvido polo ex rexedor socialista, quen ostentou o bastón de mando da alcaldía de Redondela dende o ano 1979 ao 1996 e novamente dende as eleccións do ano 99 ata o pasado mes de maio.
As persoas interesadas en asistir a esta homenaxe, que terá lugar o día 27 de agosto ás 20.00 horas, poden xa retirar as súas invitacións a un prezo de 35 euros na oficina do banco Pastor de Redondela ou poñéndose en contacto con Francisca Amil no teléfono  637784143.
A comisión organizadora, formada por Francisca Amil Corujeira, Isaac Araújo, José Luís Lamas, Miguel Moure e Francisco Sobral, considera que Xaime Rei é merecedor dunha homenaxe na que se lle recoñeza publicamente a súa xestión ao fronte do concello que desenvolveu de xeito “aberto e accesible aos cidadáns, escoitando as súas suxestións, peticións e reclamacións” e lembran as súas palabras de que  “un mal acordo é mellor que un desencontro” como exemplo do espírito negociador do ex rexedor.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará