Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un mercado tradicional para revitalizar a parroquia de Vilar

RR_Noticias

A asociación veciñal San Martiño de Vilar é precursora desta iniciativa que xa ten data de inicio: o vindeiro 10 de setembro. Iso si, previamente deberán contar co apoio do pleno municipal que debaterá este asunto na vindeira sesión ordinaria que se celebrará o mércores 27 de xullo.

Os promotores da iniciativa teñen comprometida xa a presenza dun total de 36 postos nos que os feirantes ofertarán todo tipo de produtos que van dende a alimentación ata a maquinaria agrícola, pasando polo téxtil e o calzado. O obxectivo é promover os atractivos da parroquia xa que, segundo explicaba o presidente da asociación, Eduardo Rodríguez Loureiro “este mercado servirá para atraer a veciños doutras zonas e axudará tamén aos propios comerciantes e hostaleiros da zona a incrementar as súas vendas”. O lugar elixido para instalar os postos dos feirantes é a rúa Luís Párroco, preto do Centro parroquial e se resolven o último escollo pendente, a autorización do Concello, celebrarán a primeira feira o día 10 de setembro. A Asociación veciñal naceu meses atrás para afrontar un problema co pagamento do enganche á rede de sumidoiro e logo de botar a andar con éxito decidiron continuar traballando en novas propostas e iniciativas para a parroquia. Amósanse satisfeitos do logrado ata o de agora xa que grazas as súas xestións os 1.200 euros que teñen que pagar os veciños en concepto de enganche á rede municipal poden pagarse en 24 prazos, cando nun primeiro momento o límite eran os seis meses.  

Eduardo Rodríguez AVV Vilar
Unha feira con 36 postos
Unha cita o día 10 de cada mes
O lugar é a rúa Luis Párroco
Problemas cos sumidoiros
A asoiación naceu para solucionar uns problemas de índole municipal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará