Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paraxe Chapela e SAR Pl. Omnium militarán nun grupo dominado polos galegos

RR_Noticias

Os equipos de Redondela, SAR-Plastic Omnium e Paraxe Construcións-Chapela, comezarán a liga na Primeira Nacional dentro do grupo A, no que once dos catorce equipos participantes son galegos. Logo de que a SAR recuperase a categoría grazas ó ofrecemento por parte da Federación, o primeiro derbi entre os dous equipos locais xogarase en Chapela o 16 de outubo.

Os clubs da nosa comunidade amosáronse en xeral satisfeitos co sorteo dos grupos da Primeira Nacional, celebrado onte, xa que evitan ós equipos canarios. Unha boa nova xa que non terán que facer os caros desprazamentos que iso supón. Os dous equipos redondeláns tan só terán que desprazarse fóra das fronteiras galegas en tres ocasións, as correspondentes ás visitas ás canchas de Cafés Toscaf Avilesina, Universidade de León Ademar e Inzamar Zamora.
O 25 de setembro arrinca a primeira volta da competición que finalizará, despois de trece xornadas, o 18 de decembro. Unha vez superado o descanso do Nadal, a segunda volta e a continuación da liga programouse para o 15 de xaneiro do 2012 e a tempada regular pecharase o 15 de abril. Os dous primeiros clasificados xogasen a liguiña de ascenso á División de Honra B, quedando o descenso para o último e penúltimo de cada grupo.
A primeira xornada estará marcada pola disputa de varios derbis galegos, entre eles o da SAR Plastic Omnuim, que recibirá en Redondela ó Cinco Jotas Lavadores, mentres que o Paraxe Construcións de Chapela visitará a pista do Camariñas. O primeiro derbi local disputarase na cuarta xornada ligueira, o 16 de outubro, co Paraxe Chapela-SAR Pl.Omnium.
A SAR está a traballar contra reloxo na configuración do equipo que adestrará Pablo Muíños, logo de que a Federación de Balonmán lles ofrecese regresar a Primeira Nacional. Unha vacante na categoría permitiu ó conxunto redondelán volver militar na mesma liga logo do descenso da pasada temporada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará