Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mundo a pequena escala no Multiusos

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle esta fin de semana por sexto ano consecutivo unha nova edición da exposición de maquetas que encherá esta sala con máis de trescentas reproduccións a escala.

Como en anos anteriores as maquetas volverán reproducir escenas e artefactos de todo tipo que van dende vehículos variados -coches, barcos, avións, carros de combate- escenas bélicas, complexas escenografías a todo detalle ou representacións históricas son algunhas das tantas maquetas que dende a tarde do venres e ata o domingo se poderán ver no multiusos nunha exposición organizada pola Asociación de modelismo Celta. Detrás de cada peza hai un traballo extenso non só de elaboración da propia peza en si, senón moitas veces de exhaustiva documentación para dar co material exacto ou as cores coas que debería ir pintado por exemplo un avión da II guerra Mundial ou un soldado da Guerra Civil. Unha afección que as veces e converte en toda unha lección de historia Exhibición como a desta fin de semana é un xeito de amosar as pezas elaboradas con mimo nun traballo que xeralmente é solitario pero tamén serve para incrementar o número de afeccionados á actividades. Durante todo o sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas permanecerá aberto ao visitantes así como durante toda a mañá do domingo.  

Braulio Vidal Modelismo Celta
Temáticas variadas nas maquetas a concurso
Aspectos históricos
Os maquetistas invisten moito tempo en documentar cada peza
Novos afeccionados
Concursos como o da fin de semana serven tamén para crear afección

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará