Hoxe é Mércores 25 de Novembro de 2020

Nove grupos de música actuarán no Festival Millo Verde

RR_Noticias

As actuacións terán lugar o venres 10 e o sábado 11 na zona da Marisma. O festival chega a V edición cun variado programa de actividades diúrnas que inclúen obradoiros de títeres, unha feira de productos ecolóxicos e para animar a mañá do sábado un carro de bois percorrerá o centro da vila repartindo viño e rosquillas.

Un total de nove agrupacións musicais participan esta fin de semana na V edición do Festival alternativo Millo Verde dentro dun programa no que se inclúen actividades variadas e orientadas a todos os públicos. Así, na tarde do sábado haberá unha sesión de jam graffiti, un obradoiro a cargo de Xoeira orientado aos máis cativos baixo o nome Pinta o teu corpo e un espectáculo de maxia. Pero sen ningunha dúbida o prato forte será a música que nesa xornada correrá a cargo dos redondeláns Marxe Esquerda e Belöp, os lisboetas Terrakota e os holandeses The Pedro Delgados. Xa o sábado subiranse ao escenario os galegos Kastomä e A banda de Balbina, Fuel Fandango de Córdoba, o grupo Olive tree dance de Porto e os chilenos Keko Yoma. Un internacional cartel que se completa con actividades máis enxebres. De feito, a organización do festival decidiu recuperar unha tradición vencellada ás celebracións do Xan Carallás e na mañá do sábado un carro de bois acompañado da música do grupo tradicional Tanto nos ten, repartirá viño e rosquillas no centro da vila. Haberá ademais na Alameda unha feira verde onde se porán a venda produtos de agricultura ecolóxica. Unha programación variada que é posible grazas ás colaboracións das Concellerías de Cultura e Participación Cidadá e ás achegas que comerciantes e hostaleiros fan en cada edición.

José Manuel Cabaleiro
As actuacións do venres inclúen a dos grupos locais Marxe Esquerda e Belöp.
Un carro de bois
Unha das novidades deste ano é o reparto de viño e rosquillas nun carro de bois.
Concerto do sábado
Cinco grupos actuarán na Marisma o sábado.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *