No mes de xullo e co obxectivo de favorecer a conciliación de vida laboral e familiar, a piscina municipal de Redondela organiza unha ludoteca, na que os participantes poderán desenvolver durante toda a mañá actividades deportivas pero tamén obradoiros de manualidades ou recibir clases de reforzamentos de idiomas.
Os rapaces que se inscriban poderán tamén participar dos diferentes cursos de natación que se imparten na propia piscina. Haberá ademais outras actividades xa para todos os públicos moi centradas nas danzas do mundo, dende clases que pretenden achegar aos participantes ao sensual mundo de Bollywood ata clases de hip hop ou funky. Unhas actividades que se engaden ás xa habituais de iniciación e perfeccionamento, aquagim ou actividades de sala como aeróbic, pilates, fitness e ximnasia de mantemento entre outras. Máis información na propia piscina no teléfono 986 400586.