Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

82 veciños de Redondela atoparon emprego no mes de maio

RR_Noticias

O comportamento do desemprego no último mes deixa uns resultados positivos en Redondela, xa que o número de persoas anotadas nas listas do INEM sitúase en 2.653 o que ven a ser 82 desempregados menos respecto do mes anterior. O número de parados sobe en Soutomaior e descende en Pazos e Fornelos.

Con todo, nese balance non están inscritas as 106 traballadoras da empresa Jhonson Controls pendentes de recibir a carta de despedimento logo de que a multinacional xa confirmase o pecha das instalación que ten no Muro.
Fornelos e Pazos de Borbén melloraron tamén os seus datos cunha lixeira diminución no desemprego, que no primeiro caso baixou en 8 persoas situándose o número de parados en 251 mentres que en Pazos de Borbén a cifra elévase a 409 persoas desempregadas, 7 menos que no mes anterior.
En Soutomaior atopamos un comportamento diferente, neste concello si se incrementou a cifra con 11 persoas máis anotadas nas listas do INEM que suman un total de 812 desempregados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará