Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros en Pazos de Borbén para fomentar un lecer activo entre os maiores

RR_Noticias

Baixo o título “Maiores+activos” arrancan mañá en Pazos uns obradoiros orientados a maiores de 65 anos que teñen como obxecto ofertar aos asistentes unha alternativa de lecer na que desenvolver actividades para previr ou atrasar o deterioro físico e cognitivo, así como mellorar as súas relacións sociais.
 

Os talleres impartiranse no local social da Asociación Sociocultural de Pensionistas de Pazos de Borbén os martes en horario de 16:30 a 18:30 horas. No programa inclúense actividades de adestramento cognitivo orientadas a recuperar e manter as funcións mentais básicas, de psicomotricidade para traballar as habilidades de movemento, mellorar as posturas e gañar seguridade no manexo de cousas e obxectos e por último, estas actividades buscan tamén favorecer o traballo en grupo e animar á integración no ámbito local.
As persoas interesadas en participar débense inscribir na oficina de Servizos Sociais de pazos ou chamando ao teléfono  986 497035.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará