Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non defrauda e imponse ó A Peroxa

RR_Noticias

Con máis esforzo do que se prognosticaba os de Luis Álvarez fixéronse cos tres puntos en Santa Mariña logo de impoñerse por 2-1 ó pechacancelas da categoría. Deste xeito afrontan con tranquilidade o que resta de liga co obxectivo de situarse o máis arriba posible. Por outra banda o derbi da Primeira Autonómica Arcade-Chapela saldouse a favor dos de Soutomaior, que aínda teñen opcións de salvar a categoría.

Preferente Autonómica
Choco 2-1 Peroxa
Unha traballada vitoria local logo dun fermoso partido. Ese é o resultado do encontro disputado onte en Santa Mariña polos redondeláns diante do pechacancelas do seu grupo, A Peroxa. Os locais levaron a iniciativa do partido, o que tivo o seu premio no último minuto da primeira parte, cando Calo recolleu un balón sobre o punto de penalti e o golpeou ata o fondo da rede de Rubén. O segundo tempo comezou tamén con dominio dos redondeláns. Sería xa no minuto 70 cando os visitantes dispuxeron da súa ocasión máis clara, nunha falta ó bordo da área. O lanzamento de Santi bateu a Solla por baixo e propiciou o empate. Os choqueiros non se deron por vencidos e xa en tempo de desconto Santi Araújo facía o gol da vitoria ó rematar un balón morto na área.
O resultado deixa ó Choco na 9ª posición da táboa para afrontar esta recta final da liga con tranquilidade. A próxima cita será o domingo no campo do Porriño Industrial (12º)
Primeira Autonómica
Arcade 1-0 Chapela
No derbi comarcal os dous equipos tiñan moito en xogo, xa que sobre todo os locais xogábanse o ter opcións de permanencia neste encontro. Os de Jacobo Montes impuxéronse pola mínima nun partido no que os dous equipos se amosaron prudentes. Con todo, os tres puntos non son suficientes para que o Arcade saia dos postos de descenso, e terá que loitar ata o final por manter a categoría. O próximo domingo, no campo do Marcón, disputará outra final xa que os anfitrións teñen en xogo tamén a salvación.
O Chapela, que malia á derrota, continúa en postos de permanencia, non pode relaxarse nos catro partidos que restan de liga, xa que a clasificación está moi apertada na parte baixa da táboa. E o domingo van recibir a un duro rival, o Alerta Traviesas, líder do grupo.
Terceira Autonómica
Caroi 1-4 Cesantes
Os redondeláns golearon a domicilio e conseguiron escalar ata a 6ª praza. A próxima xornada vivirán un derbi especial, xa que reciben ó Sampaio, 4º clasificado.
Pontecaldelas 5-2 Arcade B
O filial do Arcade caeu e por goleada no campo do Pontecaldelas, polo que baixa á 10ª posición. O domingo terá ocasión de mellorar a súa situación xa que recibe ó Presqueiras, o pechacancelas do grupo.
Soutomaior 3-1Salcedo
O Soutomaior mantense na 7ª praza logo da vitoria diante do Salcedo. A próxima fin de semana descansa.
Balaídos 0-0 Choco
Empate sen goles, o reparto de puntos fai caer ó Choco ata a 4ª praza do grupo. O domingo recibe ó Victoria, un dos fortes da liga, actualmente 2º clasificado.
Nigrán 2-0 Vilar
O Vilar non é quen de despegar nesta liga, e volveu colleitar unha derrota, nesta ocasión en Nigrán. O próximo domingo recibe ó Pontellas, un dos equipos da parte alta da táboa, segundo clasificado.
Castelo 2-2 Nespereira
Reparto de puntos no campo do Castelo que deixa ós de Pazos na mesma situación da táboa, son 10º. O domingo volven xogar fóra, co Ponteareas, da metade da táboa.
Futbol Sala-Autonómica Sur
Quinta Xestión 0-1 Redondela F.S.
Os de Manoliño melloraron resultados logo da vitoria pola mínima na pista do Quinta Xestión. Con todo, a situación aínda é moi complicada, pero mellorar posicións e xa están empatados a puntos co Muebles Andrade. A próxima fin de semana xogan en Redondela diante do Valadares, equipo da metade da táboa. Un rival duro, pero que pode ser asequible logo da melloría demostrada polos redondeláns.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará