Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno demandará á Xunta a restitución da axuda de 557 euros ás mariscadoras

RR_Noticias

Un acordo que non contou co apoio do PP quen argumentou que esta axuda sería un agravio comparativo para o resto do sector do mesmo xeito que para outros traballadores que tamén pasan por situacións semellantes.

A moción debatida no último pleno municipal reclama á Xunta que se restitúan as axudas de 557 euros ás mariscadoras que, cumpridos os 65 anos, non teñan cotizado un período mínimo que lles permitira cobrar unha pensión. Dende o PP lembran que a Consellería do Mar segue a abonar integramente o recibo da cotización da Seguridade Social para axudar a aquelas mariscadoras que non o poidan facer a completar os períodos mínimos de cotización e que poidan acadar a pensión de xubilación. Dende o BNG cualificábase o argumento do PP de “despropósito” por pretender “igualar por abaixo” e defender que se lle retire unha axuda a unhas mulleres algunhas das cales se atopan nunha situación moi precaria. No mesmo senso se manifestaba o PSOE, o seu voceiro, Emilio González Iglesias aseguraba que o defendido polo voceiro popular amosa pouca sensiblidade cara o sector marisqueiro. En toda a comunidade son 144 as mulleres afectadas pola retirada da axuda, trece das cales pertencen á Confraría de Redondela.

Alberto Pazos PP
Os populares non apoiaron a moción
Carlos Pazos BNG
Os nacionalistas entenden que esta é a única solución para as mariscadoras que chegan aos 65 sen xubilación
Emilio González PSOE
Acusan aos populares de carecer de sensibilidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará