Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A biblioteca celebra o día internacional do libro infantil e xuvenil

RR_Noticias

Un contacontos en Chapela hoxe venres ás 18:30 horas e a lectura dos alumnos do Pedro Floriani na Biblioteca de Redondela o día 4 ás 17:00 horas serven para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen.

Co gallo de conmemorar esta data que se celebra mañá día 2 de abril por coincidir co nacemento de Hans Christian Andersen, as bibliotecas de Redondela organizan dúas citas diferentes. Por unha banda, a Axencia de Lectura Municipal de Chapela celebrará esta tarde unha sesión especial de contacontos hoxe venres ás 18:30 horas. Xa o luns na Biblioteca Municipal desenvolverase unha lectura pública na Sala Infantil ás 17:00 h., que comezará coa lectura do manifesto e continuará coa de fragmentos da novela Farenheit 451 de Ray Bradbury e do conto “El ruiseñor y la rosa” de Oscar Wilde. Esta lectura levarana a cabo 25 alumnos do IES Pedro Floriani.

Mª Elena Becerra Biblioteca
Actividades co gallo do Día internacional do libro infantil e xuvenil

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará