Hoxe é Domingo 16 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O derbi no balonmán local dálle a vitoria ao Chapela

RR_Noticias

A SAR non foi quen de vencer ao Paraxe no encontro que ambos os dous equipos disputaron esta fin de semana na Bomboneira. Un partido que rematou co resultado de 27 goles a 29 e que supón o último enfrontamento entre os dous equipos por un longo periodo unha vez que xa está confirmado o descenso da SAR.

Ningún dos dous equipos se xogaba nada, o Chapela xa sen opcións para acadar o ascenso e a Sar matematicamente descendida, pero iso non impediu que se puidera ver un bo espectáculo esta fin de semana no derbi que enfrontou aos dous equipos no pavillón de Redondela.
O encontro rematou co resultado de 27 tantos a 29, o que lle deu a vitoria ao Paraxe Chapela, equipo que levaba dúas tempadas sen gañar na bomboneira. Os chapeleiros desaproveitaron unha cómoda renda de seis goles para sufrir máis do necesario debido ao empuxe da SAR, equipo digno pesa a estar xa descendido.
Na vindeira fin de semana a SAR desprázase ao campo do Cafés Toscaf  mentres que o Paraxe recibe en Chapela ao Cinco Jotas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará