Dende o 28 de abril ata o 1 de maio desenvolverase no multiusos da Xunqueira a VII edición do Festival que este ano contará coa presenza da directora Violeta Marsáns quen presentará na sección Máis Minutos o seu documental “La sombra y la imagen” onde fai un percorrido pola vida e obra do seu pai, o pintor catalán Luís Marsáns.
Un ano mais ao longo dos catro días do festival proxectaranse no multiusos un total de 16 curtametraxes elixidas entre as preto de 300 que se presentaron. Unha selección onde, segundo destacaba o director do festival Fernando Carreira “Cuchi” tentouse dar cabida a todos os estilos e xéneros, pasando pola comedia, o drama e, como non, o cine de animación que tamén estará presente nos catros bloques que serán proxectados. Este ano satisfaranse ademais os padais máis esixentes en temas técnicos xa que se mellorou a calidade do son. Así as curtametraxes vanse proxectar en alta definición, isto é, na máxima calidade que pode dar un formato dixital A entrada terá un prezo de 2 euros, a excepción da inauguración e clausura que será gratuíta. As curtos seleccionadas son -Adios papá, adios mamá, de Luis Soravilla -Ámár, de Isabel Herguera -Amistad, de Alejandro Marzoa -Coser e cantar, de Rubén Riós -Daisy Cutter, de Enrique García e Rubén Salazar -El grifo, de Denis Rovira -El orden de las cosas, de Cesar Esteban Alenda e José Esteban Alenda -El vendedor del año, de Coté Soler -Escúchame, de Mabel Lozano -Fábrica de muñecas, de Ainhoa Menéndez Goyoaga -La Hégira, de Liteo Deliro -Les Bessones del Carrer de Ponent, de Marc Riba e Anna Solanas -Picnic, de Gerardo Herrero -Pulsiones, de José Manuel Carrasco -The Astronaut of the roof, de Sergi Portabella -Vicenta, de Samuel Ortí Martí
Unha selección de 16 curtametraxes pasarán polo Multiusos
Proxectarase a película "La sombra y la imagen"
As proxección serán en alta definición