Hoxe é Venres 2 de Decembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O desemprego diminúe en Redondela

RR_Noticias

O dato é feble, pero sen ningunha dúbida o comportamento do desemprego no pasado mes de marzo foi mellor en Redondela que no resto da provincia. Así, mentres Vigo foi a cidade máis castigada de Galicia con 650 novos desempregados, no noso concello o número de parados anotados nas listas do INEM diminuíu en dez persoas, situándose en 3.737 persoas en situación de busca de emprego.

Logo de seis meses continuados de incrementos, onde se pasou de 2.404 parados anotados en agosto do pasado ano aos 3.737 desempregados rexistrados polos servizos do INEM a finais de marzo, esta diminución aínda que tímida marca unha pequena variación respecto da tendencia dos últimos tempos.
O mesmo podemos aplicar aos concellos de Soutomaior e Fornelos onde se rexistrou unha lixeira caída. No primeiro caso son 802 persoas as inscritas nas listaxes do desemprego, sete menos que en febreiro, mentres que en Fornelos son 248 os demandantes de emprego, cinco menos que no mes anterior.
A única nota discordante na comarca é o caso de Pazos de Borbén onde o número de parados sofre un incremento con 15 parados máis alcanzando os 248 desempregados.
O sector máis castigado novamente é o sector servizos con 2.165 persoas desempregadas seguida de lonxe pola industria  con 1.029 persoas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará