Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arcade segue vivo logo da vitoria no derbi

RR_Noticias

Quedan catro finais ata que remate a liga na Primeira Autonómica, e semella que haberá que agardar ata a última xornada para saber que equipos se salvan do descenso. Os de Jacobo Montes, logo de gañar ó Chapela, dependen de si mesmos para acadar a permanencia, xa que se enfrontan a varios rivais directos. A próxima cita será no campo do Marcón, que se xoga tamén a categoría.

Foron 90 minutos de infarto os que se viviron no derbi entre o Arcade e o Chapela o pasado domingo. Os dous equipos se xogaban moito xa que loitan pola permanencia, sobre todo o Arcade. De ter perdido este encontro os de Jacobo Montes terían dito xa adeus á categoría. Mentres os redondeláns, que perdían por 1-0, seguen con opcións, aínda que teñen por diante unha dura recta final. O encontro foi de “máxima tensión”, dado o transcendental que era o choque para ambas formacións. Os de Soutomaior comezaron dominando e puideron adiantarse no minuto 15, cando o colexiado lles pitou un penalti a favor, pero erraron o lanzamento. Foi un xerro de auga fría para os de Montes, que se viñeron abaixo, pasando a dominar o partido o Chapela. Os de Luis Ferreira tiveron varias opcións pero non houbo acerto. Xa no último cuarto de hora do segundo tempo chegaba o gol do Arcade, que con moitos apuros conseguiu manter a vantaxe ata o final. O adestrador salienta a importancia destes tres puntos, que lles permite “seguir vivos” na competición cando restan catro xornadas. A satisfacción é total no club, xa que agora dependen de si mesmos para salvar a categoría, e haberá varios enfrontamentos directos entres os equipos que se están a xogar a permanencia. A primeira das catro finais será o próximo domingo no campo do Marcón. Jacobo Montes entende que será o partido “máis difícil” dos catro que quedan. O técnico entende que o feito de tratase dun campo de terra “vai prexudicar” ó Arcade. Na seguinte xornada recibirán ó Bouzas B, practicamente descendido, e xogarán logo fóra co Domaio. Rematarán a liga na casa, diante do San Martiño, que tamén se xoga a permanencia, polo que poida que sexa nesa última xornada cando se decida que equipos se salvan do descenso. O Chapela, pola súa banda, terá un encontro tamén moi complicado xa que o domingo recibe ó Alerta Travesas, líder do grupo.  

Jacobo Montes adestrador
O técnico amósase optimista coas opcións do equipo logo da vitoria sobre o Chapela.
Marcón-Arcade
Para Montes será o máis difícil dos catro partidos que lles quedan.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará