Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A fabrica do Alemán albergará o museo etnográfico e o centro de interpretación da batalla de Rande

RR_Noticias

O proxecto museistico de Rande contempla un investimento de 1.200.000 euros e contempla ademais a recuperación do entorno cun paseo polo litoral dende o cargadeiro de mineral ata a praia de Cabanas.

A Asociación Deportiva e Cultural de Rande presentou esta fin de semana aos veciños de Cedeira o proxecto do Centro de interpretación sobre a Batalla de Rande “Meirande”. Unha ambiciosa actuación na que se contempla recuperar a antiga empresa de salga coñecida como a “fábrica do Alemán”. Neste espazo, e segundo recolle o proxecto, construiríanse unha serie de módulos que albergarían documentación sobre a batalla que enfrontara no 1702 ás escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa, sobre o tesouro e as labores de procura dos galeóns afundidos, unha sala de exposicións e tamén un museo etnográfico con maquinaria recuperada da antiga fábrica. O obxectivo é dotar ao litoral de Rande dun espazo museistico e recuperar o entorno cun paseo polo litoral dende o cargadeiro de mineral ata a praia de Cabanas. Juan José Comesaña, membro da asociación, lembra ademais que están a traballar para evitar que posibles actuacións na zona, nomeadamente a ampliación da AP-9, prexudiquen aos restos existentes. Por este motivo reuníronse xa con representantes da Consellería así como co Director Xeral de Patrimonio da Xunta, José Manuel Rei Pichel quen se comprometeu co colectivo a velar porque as obras na Ponte non afecten aos restos e por converter o lugar en “espazo cultural”. A actuación precisa dun investimento de 1.200.000 euros, cantidade que está xa contemplada no plan Marisma + que opta a financiamento europeo a través dos fondos Feder.

Juan José Comesaña Asociación cultural de Rande
O proxecto contempla ser centro de interpretación da Batalla de Rande e museo etnográfico
Paseo polo litoral
O paseo iría dende o cargadeiro de mineral ata a praia de Cabanas
Ampliación da Ponte
hai un compromiso por parte da Xunta de preservar a zona ante unha aventual actuación na ponte

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará