Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Construcións comeza a tempada co obxectivo de fomentar o deporte base en Chapela

RR_Noticias

O primeiro equipo estreouse cunha vitoria sobre o Calvo Xiria, e esta fin de semana desprázanse para xogar no Porriño. Desde a directiva salientan o bo nivel de xogo dos de Fran Teixeira, pero insisten en que a máxima prioridade do club é fomentar o deporte entre os máis novos.

O Paraxe Construcións, así se chama agora o Club de Balonmán de Chapela grazas ó seu novo patrocinador, ben de comezar con moi bo pé a liga de 1ª Nacional. Estreáronse o sábado no seu pavillón cunha contundente vitoria sobre o Calvo Xiria (29-23), e o desexo do club é “seguir nesta mesma liña”. Os de Fran Teixeira conservan practicamente o mesmo bloque da pasada temporada, que tan bos resultados lle deu, chegando a xogar a fase de ascenso. Tan só houbo catro baixas e catro novas incorporacións. A próxima cita é na Louriña, xogarán na pista do Porriño o sábado ás 18.00 horas. No club salientan a importancia dos bos resultados do primeiro equipo, pero a directiva insiste en que o “verdadeiramente importante” son os rapaces dos equipos base. O presidente, Manuel González Soto, explica que “a razón de ser” desta entidade deportiva é a labor social que fan cos nenos e nenas, cun total de 11 equipos de deporte base, e con actividades complementarias como campamentos de verán e escolas deportivas nos colexios.

Manuel González Soto presidente
O primeiro obxectivo do club é o deporte base
Comezo de liga
Satisfacción co triunfo no primeiro partido que agardan repetir diante do Porriño

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará