Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG cualifica de “caótico” o inicio do curso escolar en Redondela.

RR_Noticias

O Consello local da formación nacionalista critica a falta de interese da Consellaría polo ensino público e denuncia as carencias dos colexios do municipio:o peche do centro de Trasmañó, a falta de comedor en Quintela e a necesidade dun patio cuberto no CEP Santa Mariña.

A preocupación do Consello Local do BNG de Redondela pola situación do ensino no municipio é máxima. Cualifican de “caótica” a situación neste arranque de curso, cunha “improvisación total” por parte da Consellaría. Os nacionalistas lamentan que o sistema educativo público esté “abandonado” por parte da Xunta, con especial agudeza no concello de Redondela. Ao xa anunciado peche do colexio de Trasmañó, engaden outras carencias: non se dotou ao colexio Público de Quintela cun comedor escolar, un importante recurso para conciliar a vida familiar e laboral. Por outra banda, o Colexio de Primaria de Santa Mariña carece dun patio cuberto, que permita aos máis de catrocentos alumnos do centro poder saír ó recreo cando a climatoloxía é adversa, ou poder realizar a actividade de Educación Física.
A formación nacionalista entende que a “improvisación” vai en aumento, xa que prazas de substitutos están aínda sen cubrir, o que incide negativamente no inicio do curso. Xoán Carlos González, responsable local do Bloque, apunta que a Consellería, seguindo unicamente “criterios económicos” pretende dotar aos centros cando xa non existan máis recursos. A toda esta problemática engádese a eliminación da gratuidade dos libros de texto, o pasado curso. Ademais, segundo explica o BNG, no momento actual no que a crise está na súa fase máis aguda, un maior número de familias demanda axudas para a adquisición do material escolar. Isto leva á formación nacionalista a denunciar “o desinterese” da Consellería polo ensino público en Redondela, cun claro obxectivo de “desmantelamento”, para beneficiar, segundo González, ó ensino privado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará