Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local detén a un veciño de Vigo acusado de atentar contra a autoridade

RR_Noticias

Varios veciños alertaron ós axentes de que un individuo estaba a increpar ós viandantes. O home, de 59 anos, amosaba unha actitude violenta e golpeou un vehículo estacionado na zona do Paseo da Xunqueira.

Antonio P.S., un veciño de Vigo de 59 anos de idade, pasou nos calabozos a noite do domingo ao luns despois de protagonizar un altercado no Paseo da Xunqueira de Redondela, no que chegou a agredir á parella de policías locais que acudiron a tranquilizalo, tras alertar varios veciños da súa actitude violenta. Os feitos comezaron ás 10 da noite do domingo, cando o suxeito comezou a increpar aos viandantes, polo que foi avisada a Policía Local que enviou unha patrulla ao Paseo da Xunqueira. Segundo o parte policial, os axentes atoparon a A.P.S. “alterado” e apoiado sobre un coche vermello estacionado. Ante a evidencia de que lle custaba manter o equilibrio, os policías ofrecéronlle axuda, que foi rexeitada polo vigués con insultos. Os axentes insistiron en que acougase, pero o individuo comezou a golpear o coche. Cando os axentes tentaron separalo do vehículo agrediu ós axentes dando patadas. O suxeito foi reducido e detido. A Policía Local trasladouno ó centro de saúde para que o examinase un médico, e acto seguido á Comisaría de Vigo. A.P.S. deberá responder polo suposto delito de atentado contra a autoridade ademais de por os danos ao vehículo, propiedade dunha veciña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará