Os exemplares, doados pola Consellería do Mar, suporá preto de dúas toneladas de produto comercializable unha vez superada a fase de engorde, na primavera de 2012.
O pósito redondelán ven de recibir 275.000 unidades de ameixa xaponesa da Consellería do Mar. Os exemplares foron sementados hoxe na praia da Barra para o seu engorde, de xeito que na primavera de 2012 obterán o seu tamaño comercial. Trátase dun lote de produto de entre 7 e 9 milímetros de tamaño, e unha vez superada na praia a fase de engorde, xerarán preto de dúas toneladas de ameixa. A semente desta ameixa procede do criadeiro que a Consellería do Mar posúe en Camariñas, onde se produce cría pequena que se entrega despois ás confrarías. O obxectivo é rexenerar os bancos marisqueiros, buscar novas zonas de cultivo e modernizar a actividade, favorecendo técnicas de cultivo da ameixa desde a súas fases xuvenís.