Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Imaxes que contan historias no Multiusos

RR_Noticias

O colectivo arte_k 2.0 expón a mostra colectiva dunha ducia de fotógrafos profesionais e afeccionados. A proposta déixanos diferentes series de imaxes que contan a súa propia historia, captada a través do obxectivo da cámara, e que pode visitarse ata finais de mes.

Os membros de arte_k 2.0 defínense como unha asociación independente integrada por persoas comprometidas coa arte fotográfica e a súa función social. A súa proposta é difundir, sensibilizar e promover temas de carácter fundamentalmente social. Obxectivo conseguido na que é a súa primeira exposición colectiva e que pode visitarse ata finais de mes no Multiusos da Xunqueira. Un dos promotores, Tony Vacas, explícanos que na asociación cada quen busca o seu estilo, “o seu xeito de expresarse”, pero que a exposición ten como nexo común que todas as fotografías son series de imaxes “que contan unha historia”. Neste caso os fotógrafos van máis aló do visual, cun traballo tamén narrativo. A idea de poñer a andar este colectivo foi dos alumnos dos cursos de fotografía que organiza a OMIX de Redondela, e dos que Tony Vacas é mestre desde o ano 2002. Unha vez rematados os ciclos, os ex-alumnos pretendían seguir traballando, intercambiando experiencias, e así naceu o grupo. Arte_k pretende xerar un espazo de formación, investigación e reflexión sobre técnica, estética e linguaxe fotográfica, e organizar non só exposicións, senón tamén xornadas e obradoiros. Ana Cid, Iria Martínez Costas, Moncho Rivadulla, Marina Gándara, Manolo Monroy , Iván Quintero, Isaura Docampo, Chelo Amoedo, Gonzalo Sacristán, Sonia Padín, Luis Sanz, Tony Vacas e Salva Vidal son os autores desta exposición.

Tony Vacas organizador
As fotografías son series de imaxes que teñen un fío narrativo
Colectivo arte_k 2.0
A asociación nace da inquedanza dos ex-alumnos de fotografía da OMIX

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará