Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP de Soutomaior alega que a súa sede é anterior á ordenanza de primeira ocupación

RR_Noticias

A formación critica a actitude do PSOE local ao lembrar que o seu concelleiro votou a favor do convenio na urbanización Tralo Río. Os populares aseguran tamén que a edificabilidade na zona non aumentou, senón que se reduciu de 25.000 a 23.000 metros cadrados.

Desde o PP de Souotmaior critican o que consideran unha “dobre moral” dos PSOE local por denunciar o urbanismo do municipio, e lembran que o concelleiro socialista votou xunto do PP a favor da modificación do convenio para construír a urbanización Tralo Río. En canto á falta de licenza de primeira ocupación da sede do PP, a formación sinala que o local está nun inmoble alugado que se rematou en 1992, tres anos antes da entrada do PP no goberno municipal. A ordenanza que regula as licenzas de primeira ocupación entrou en vigor en 2002, e foi promovida pola propia formación popular. Explican tamén que non se aumentou a edificabilidade na urbanización, senón que se reduciu de 25.000 a 23.000 metros cadrados, e que se incrementaron os espazos públicos de 3.100 a 4.200 metros cadrados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará