Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco inaugura a tempada cun empate fronte ao Céltiga

RR_Noticias

Ademais de en Rexional Preferente, este fin de semana, comezou a competición en Primeira Autonómica que nos deixa o empate do Arcade fronte ao Salvaterra a uns e a vitoria do Chapela por tres a cero ante o Tomiño.
 

Rexional Preferente
Choco-Céltiga (1-1) O Choco perde a oportunidade de comezar a tempada cunha vitoria. Estiveron a piques de conseguilo pero os redondeláns deixaron que o Céltiga anotara o tanto do empate no minuto noventa.
O Choco fixo onte a súa presentación oficial en Santa Mariña ante máis de douscentos seguidores cun bo xogo e con moitas oportunidades aínda que con falta de acerto nos lanzamentos á portería. O seu rival foi o Céltiga, que descendeu esta tempada de Terceira División.
Malia que foron moitos os lanzamentos a portería que fixeron os locais non sería até a segunda parte, no minuto oitenta cando o choqueiro Calo abriría o marcador pero dez minutos despois o xogador do Céltiga Aarón encargaríase de anotar o gol do empate que deixaba un empate a un tanto.
A próxima xornada os redondeláns visitarán o campo do Pontellas, un dos seus rivais directos, tan só un posto por baixo do Choco que ocupa o décimo terceiro lugar.
 
Primeira Autonómica
Arcade-Salvaterra (1-1) Empate para o Arcade que comezou a tempada fronte ao Salvaterra, un dos seus rivais directos. Un punto que os sitúa na nove posición da táboa. A próxima xornada xogan contra o Valadares.
Chapela-Tomiño (3-0) O Chapela empezou con moi bo pé a liga. Na casa e cunha vitoria. O seu rival foi o Tomiño que non foi quen de parar os ataques dos redondeláns que conseguiron atravesar a portería dos visitantes en tres ocasións.
Resultado que os deixa nos tres primeiros postos da clasificación, por baixo do Caselas, que lidera a táboa, e o Gondomar. A próxima xornada cruzarán a ría para xogar contra o Domaio
 
Balonmán
O Chapela queda fora da Copa Deputación.
Malia facer un bo xogo e dominar o partido os de Fran Teixeira non conseguiron imporse ao Octavio no pase á final da Copa Deputación. A primeira parte do encontro foi para o conxunto vigués pero no segundo tempo os redondeláns entraron con forza e aproveitáronse do exceso de confianza do Octavio aínda que non lles serviu para imporse no marcador. Un encontro que remataría cun resultado de 44-36 o que lle permitirá ao conxunto Olívico xogar a final esta tarde en Lalín fronte ao Cangas.
 
 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará