Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberta a inscrición para os cursos de teatro en Chapela, Ventosela, Negros e Vilar

RR_Noticias

As concellarías de Normalización Lingüística e Participación Cidadá de Redondela poñen en marcha un ano máis os cursos de teatro en diferentes parroquias. Comezan esta semana e o prazo de inscrición está aberto, tanto para os nenos como para os adultos.

Os amantes do teatro volven ter este curso a oportunidade de participar nos obradoiros que poñen en marcha as concellarías de Nornalización Lingüística e Participación Cidadá. Hoxe luns será a primeira sesión no Multiusos do Piñeiral do Crego, en Chapela, en horario de 20.30 a 22.30 para adultos. O xoves desprázanse a Ventosela, na Asociación Cultural A Miñoteira, onde se desenvolve a aula de teatro infantil de 16.00 a 18.00 horas. Os venres é a quenda de San Estevo de Negros e Vilar de Infesta. No Centro Cultural de Negros estarán na aula infantil de 18.15 a 20.15, no Centro Cultural de Vilar celébrase o curso para adultos de 20.30 a 22.30. Os interesados en participar poden informarse e inscribirse nestes mesmos horarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará