Hoxe é Martes 31 de Xaneiro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un condutor detido en Redondela por cuadriplicar a taxa de alcol

RR_Noticias

O suceso produciuse na madrugada do domingo, nas inmediacións dunha discoteca redondelá. O mozo, de 26 anos de idade e veciño de Mos, foi detido pola policía local cando conducía dun xeito perigoso pola avenida Mendiño.

A policía local de Redondela detivo a un mozo de 26 anos por conducir baixo os efectos do alcol. O suceso produciuse na madrugada do domingo na rotonda próxima á discoteca La Fábrica, na avenida Mendiño. O mozo conducía de xeito temerario un turismo Peugeot 207. O detido, veciño de Mos, foi sometido á proba de alcolemia, que deu un resultado de 1,19 miligramos de alcol por litro de aire aspirado, máis de catro veces o máximo permitido, que é de 0,25 miligramos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará