Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un novo vertido no río Maceiras causa a morte de peixes en Cedeira

RR_Noticias

Técnicos de Augas de Galicia investigan a orixe da vertedura, que afectou á zona de Fortóns e Eira Pedriña. O concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, salientou a gravidade deste episodio de contaminación e esixe un maior control por parte do organismo autonómico.

Augas de Galicia e Policía Autonómica investigan a orixe dunha vertedura que onte causaba a morte a ducias de peixes no río Maceiras, ó seu paso por Cedeira, nun tramo ata a desembocadura no río Alvedosa. A chamada dun veciño alertou á policía local do suceso, e puido comprobarse que había espuma en varios tramos, na zona de Fortóns e Eira Pedriña. O concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, salientou a gravidade desta vertedura e amósase pesimista cos resultados da investigacións de Augas de Galicia, que unha vez máis, “poderían quedar en nada”. Pazos Docampo esixe do organismo autonómico un maior esforzo para determinar a orixe e ós responsables do vertido.Avaría en ChapelaPor outra banda o responsable de Medio Ambiente explicou que os problemas no subministro de auga sufridos polos veciños de Chapela debéronse a unha avaría producida o sábado na rede de abastecemento. Pazos explicou que técnicos de Acualia, empresa adxudicataria do servizo, solventaron o problema no mesmo día. O concelleiro adiantou tamén que xa están en marcha proxectos de mellora para a rede de subministro na parroquia. Os veciños denunciaran esta fin de semana a mala calidade da auga, que saía da billa moi turbia e con restos de terra, o que ó seu entender explícase pola antigüidade da rede, que ten máis de 30 anos.

Carlos Pazos concelleiro Medio Ambiente
Pazos esixe un maior control por parte de Augas de Galicia
Avaría en Chapela
O concelleiro explica que están en marcha obras de mellora na parroquia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará